Culleredo aposta forte polo teatro

Culleredo aposta forte polo teatro, e hoxe dá un paso máis nesta realidade cultural. Faise oficial que coproducirá a obra ‘Dreaming  Juliet’ de Elefante Elegante, que ademais son do municipio. Confírmase, por tanto, o plan municipal de dinamización da cultura a través do teatro, con obras gratuítas durante todo o ano e o apoio a escolas e compañías locais.

Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados na xestualidade e no movemento. Foi creado por María Torres e Gonçalo Guerreiro no ano 2000. Residiron os primeiros anos en Bélxica ata que se instalaron en Galicia no ano 2007. O rigor do seu traballo foi recoñecido con varios premios María Casares desde 2013.

A compañía, con domicilio en Culleredo desde fai seis anos, realizou dúas residencias artísticas no edificio de Servizos Múltiples do Burgo con ‘Tropical’ e ‘Patapatúm’. Elefante Elegante emprega, nos períodos acordados co servizo de cultura, o espazo do auditorio para realizar os ensaios da peza que está a crear neses momentos. Coa coprodución da obra ‘ Dreaming  Juliet’ garántese que o espectáculo desenvolva o seu máximo potencial, e se poida así visibilizar o seu éxito, facilitando na medida do posible a consecución dos obxectivos.

María Torres e Gonçalo Guerreiro, integrantes de Elefante Elegante, din que acordos como este supoñen “un cambio radical, xa que estamos destinadas a outro tipo de espazos que non son os nosos. Nós nacemos para facer teatro nos auditorios, para compartir o noso traballo coa xente”, afirman. Ademais, tanto a administración local como a compañía saen gañando, xa que “Elefante Elegante pasa a ter un espazo de traballo e o Concello dinamiza activamente a cultura, neste caso co teatro”, comentan.

“Facemos teatro para público familiar e adulto. É un traballo continuo. En ‘Patapatúm’ falabamos da falta de tempo na crianza, e subxacente a isto tamén está o tema do amor na parella, que se unen un pouco nesta liña. Despois tamén abordamos o teatro clásico, e tiñamos ganas de acudir a unha obra de Shakespeare, cun final  distópico”, apunta María. E é que co seu novo traballo, ‘ Dreaming  Juliet’, que se estreará no Teatro Rosalía da Coruña os próximos 20 e 21 de marzo, exponse outra realidade. “Que pasaría se Romeo e  Julieta, a pesar de que as familias non lles brindaron apoio, fuxisen de Verona e formasen unha familia?”

De Elefante Elegante espérase moito traballo; é unha proposta plástica e como é un espectáculo para maiores de 12 anos esta semana é unha especie de ‘laboratorio’, porque permite un intercambio moi importante para os integrantes de Elefante Elegante. “É moi importante para nós escoitar ao noso público para ir in crescendo, para mellorar sempre no noso traballo”, sentenza Gonçalo.

Está tan fácil, é tan accesible o divertimento en casa con plataformas como  Netflix ou  HBO que a competencia é brutal. “Pero nós estamos en escena, e somos seres vivos en escena. Nunca nada poderá competir con iso. O teatro leva sobrevivindo desde a época prehistórica. Estamos seguras de que virán vernos, a ver seres humanos. No noso sector todo é auténtico, e ese é realmente o noso potencial”, confirman os dous practicamente ao unísono. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina