O Concello de Culleredo subvencionará as próximas semanas o programa "Perros y letras. Proxecto READ España" de apoio a escolares

O Concello de Culleredo subvencionará o próximas sete semanas o programa “Perros y letras. Proxecto READ España” de apoio a escolares con algún tipo de déficit na dicción, comprensión lectora e problemas de autoestima.

Esta experiencia piloto probarase nos centros de educación de Culleredo CEIP Tarrío e CEIP Vila de Rutis, a través do cal se traballará con Nora, unha Golden de sete anos que axuda aos nenos e nenas nos cales se identificaron algún tipo de problema a nivel académico.

En sesións de vinte minutos, e unha vez á semana, este can de terapia senta á beira do menor, para escoitar e reaccionar aos seus estímulos. Os pequenos len un libro e interactúan co animal. Isto repercute positivamente na súa motivación e na promoción das súas habilidades lectoras e de comprensión, ademais do aumento na relación social cos seus iguais.

Elixíronse cans de terapia porque son moi tranquilos e son capaces de estar todo o tempo deitados e pendentes da actividade dos nenos. Todos os cans deste programa pasan un exame cada dous anos para valorar que teñen unha tolerancia alta á tensión e así seguir traballando. Tamén se valora o vínculo que lle une ao seu guía, neste caso Laura González, coordinadora do programa na provincia da Coruña.

Cada un dos nenos que participan teñen dificultades en distintos aspectos. Normalmente son seleccionados polo departamento de orientación, pero poden ser nenos con dificultades a nivel social, lectora e depende do que o departamento correspondente emita. Dan unhas pautas para traballar con eles e no futuro tamén se tratarán os problemas do TDAH e do autismo.

“Os nenos melloran sobre todo en  lecto-escritura, a nivel de comprensión lectora, aumento de vocabulario, rapidez de lectura e sobre todo o que notamos é un aumento do autoestima. Son nenos que están a perder a seguridade en si mesmos ben porque teñen algunha dificultade que outros non teñen. Isto supón un empuxón, xa que non hai risas, non hai xuízos e todo é en positivo. Reláxanse e empezan a ler cunha maior fluidez”, comenta Laura.

Conta a coordinadora do programa que esta motivación dúralles aos pequenos toda a semana. “O luns vén Nora e hai que lerlle, temos que escoller un libro”, apuntan os escolares que participan neste programa. “Veñen moi animados ao cole porque saben que van estar con  Nora. Imos buscalos a clase e iso tamén lles dá protagonismo respecto a outros nenos e nenas”, comenta González.

Este luns na actividade estivo presente a concelleira de Educación do Concello de Culleredo,  Jéssica Méndez, quen apuntou que “quixemos instaurar este programa en Culleredo porque funcionou moi ben noutros municipios e porque realmente é eficaz. É unha maneira moi bonita de traballar con nenos que o necesitan e neste caso seguiremos fomentando que este tipo de iniciativas leven a cabo no noso municipio”, comentaba a edil.
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina