Propostas de lecer Concello de Culleredo

Desde o Concello de Culleredo plantexámosvos esta serie de propostas de lecer para levar mellor este confinamento.

CONTOS: Kalandraka TV incrementou a súa actividade durante o confinamento coa sección Contos contados, onde podemos gozar dos contos máis coñecidos da editorial contados polos mellores contadores. Están os vosos favoritos? Os nosos si!

LIBROS: A libraría Pedreira organizou para a semana do Libro o evento 'Lecturas Fuxidas' no que unha chea de autoras comparten fragmentos das súas propias obras ou da súas lecturas preferidas. Participan no evento Gonzalo Hermo, María Solar, Antía Yáñez ou Iolanda Zúñiga, entre outras.

TERTULIA: Novas formas de facer tertulia literaria nestes tempos: Berta Dávila, a autora de Carrusel e O derradeiro libro de Emma Olsen, responde neste vídeo ás preguntas que os seus lectores lle fixeron chegar a través de diferentes redes sociais co cancelo #cafeconcabaliños. 

CÓMIC: O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebrouse este ano na rede e entre os seus moitos e interesantes contidos destacamos este obradoiro de banda deseñada para nenas e nenos da man do debuxante Kiko da Silva e da súa personaxe Fiz, o neno máis porco do mundo.

MÚSICA: Deixounos esta semana Esteban Yáñez, activista cultural, alma da Internet galega e, antes de todo, amigo. Foi tamén un dos pioneiros dos podcast en Galicia, e é precisamente o seu Amor en bruto o que rescatamos aquí a modo de pequena homenaxe a alguén tan grande.

 

 

Vista previaAdxuntoTamaño
proposta5.pdf778.15 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina