Petición de medidas de seguridade en infantil e primaria ante o inicio do curso

O inminente inicio de curso escolar, coa situación extraordinaria da pandemia polo COVID-19, leva a ANPAS de Culleredo a elevar demandas á Xunta de Galicia para incrementar as condicións de protección e seguridade do alumnado. Varias das asociacións de nais e pais dos centros de ensino elaboraron un escrito coas súas peticións, que o Concello apoia e trasladou á Consellería de Educación.
 
Son dúas as propostas que trasladan os proxenitores. Por unha banda, demandan que o límite máximo de alumnos por aula na etapa de Infantil se reduza a 20. Consideran que esta franxa de idade é a que maior dificultade require para adaptarse ao protocolo, tendo en conta ademais que non levan máscara.
 
Por iso, reclaman:
  • Que non se elimine unha aula de 3 anos no CEIP Sofía Casanova
  • Que se reabran as aulas de 3 e 4 anos pechadas no CEIP Isaac Díaz Pardo
  • Que se implante unha liña máis de 4 anos no CEIP Ría do Burgo
En todos os centros existen aulas suficientes para tomar estas medidas. Nalgúns, de feito, contan con espazos libres porque precisamente pecháronse as liñas mencionadas.
 
A segunda demanda refírese ao profesorado de apoio de Educación Primaria, en concreto de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. Alertan de que as necesidades especiais do alumnado poden agravarse pola situación de confinamento vivido o pasado curso.
 
Por iso reclaman que se manteña o mesmo profesorado deste ámbito para o novo curso e mesmo que se reforce nos casos que sexa preciso.
 
O Concello de Culleredo subscribe as peticións das nais e pais. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina