Consulta pública previa a elaboración do novo Regulamento municipal de Participación Cidadá e borrador proposto.

De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, e con carácter previo á elaboración do proxecto da norma, debe efectuarse unha consulta pública a través da páxina web municipal, na que se recollerá a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma sobre:

  • Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
  • A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
  • Os obxectivos da norma.
  • As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

En cumprimento do anterior, sométese a consulta pública previa a elaboración do borrador do Regulamento municipal de Participación Cidadá, coas características que se detallan a continuación:

 

  • Prazo: durante 15 días hábiles, desde o día 6 ao 24 de outubro de 2020, ambos os dous días incluídos.
  • Forma de participación: a través da dirección electrónica participacioncidada@culleredo.es, facendo constar no asunto “Consulta previa borrador de Regulamento municipal de Participación Cidadá”.

Poderán presentarse opinións e suxestións acerca dos puntos relacionados no precitado artigo 133 LPAC.


Co obxecto de facilitar a participación na consulta pública, ofrécese a seguinte información sobre o proxecto normativo:

 

Antecedentes da norma: Regulamento orgánico de Participación Cidadá do Concello de Culleredo (BOP n.º 29, de 4 de febreiro de 2008).

Problemas que se pretenden solucionar coa nova norma:

1. Regular as distintas formas de participación cidadá, tanto telemáticas como presenciais.
2. Ter un texto que contribúa a consolidar unha cultura reforzada de consulta e diálogo que facilite a convivencia, a solidariedade, a tolerancia, a responsabilidade cidadá e os valores éticos, humanos e democráticos, reforzando o desenvolvemento humano e a preocupación polo ben común.


Necesidade e oportunidade da súa aprobación: Esta actuación responde á necesidade de revisión constante das ordenanzas municipais, para dar cumprimento aos principios de modernización dos procedementos e mellora dos servizos que se ofrecen á cidadanía.

Vista previaAdxuntoTamaño
Orde consulta pública regulamento de participación cidadá293.8 KB
Borrador regulamento 202088.13 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina