O Concello de Culleredo convoca o I Concurso de Escaparatismo de Nadal

O Concello de Culleredo, mediante a área de Dinamización Local, convoca o I Concurso de Escaparatismo de Nadal, no que poderán participar todos os comercios abertos ao público do municipio, sexa a que sexa a súa actividade. 

Haberá premios non so para as mellores composicións, senón tamén para os veciños, que poden optar a dez tarxetas moedeiro de 50 euros, a gastar nalgún dos comercios participantes, votando ao mellor en www.omellorescaparatedeculleredo.gal

A inscrición é completamente gratuíta e as bases poderanse descargar, e tamén cumplimentar en liña, na dirección web mencionada previamente. O escaparate participante ten que estar listo antes do 10 de decembro, e ten que permanecer ata o 6 de xaneiro, data na que finaliza este concurso. A decoración do mesmo ten que gardar relación con motivos de Nadal.

Os premios outorgaranse polo número de votos obtidos por cada escaparate, na páxina web do concurso. A votación será única e para iso terase en conta á hora de votar o nome da persoa, o correo electrónico e o número de teléfono. Poderá votar toda persoa maior de idade desde o día 10 de decembro ata o 6 de xaneiro.

O primeiro premio será a montaxe de tres escaparates durante todo o ano 2021, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. O segundo premio consistirá na montaxe de dous escaparates durante todo o ano 2021, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. O terceiro premio, será a montaxe dun escaparate durante todo o ano 2021, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio. Cada decoración está valorada en 300 euros.

Todos os premios serán publicados tanto no espazo web do concurso como municipal, ademais das redes sociais do Concello de Culleredo. Podedes consultar as bases no arquivo .pdf adxunto nesta nova.

Vista previaAdxuntoTamaño
bases_de_concurso_escaparates_navidad_2020.pdf642.72 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina