Culleredo crea unha nova zona axardinada

Culleredo crea unha nova zona axardinada na contorna do paseo marítimo, entre o xardín botánico e a lagoa.

O goberno local sacou a contratación as obras de construción do parque periurbano como complemento ao xardín botánico do Burgo e a Aula da Natureza, un proxecto que, ademais da creación deste parque, inclúe a finalización precisamente da Aula da natureza e distintas actuacións no xardín botánico.

O parque periurbano proxéctase na parcela comprendida entre o xardín botánico e a lagoa que pola súa situación será unha zona de ocio de entretemento da veciñanza e unha mostra de valores naturais e ambientais que se pretende potenciar. O proxecto, segundo explicou o alcalde, Julio Sacristán, incluirá tres actuacións: a creación do propio parque periurbano; a mellora do xardín botánico e a sinalización do mesmo; e o acondicionamento da Aula da Natureza.
Coa creación desta nova zona axardinada, o Concello pretende revitalizar o lugar desde un punto de vista ambiental, reservando unha serie de especies autóctonas que poderán ser contempladas ailladamente nun hábitat o máis parecido posible ao natural. Tamén se pretende incrementar o espazo paisxístico e aumentar o lugar de ocio e entretemento usado pola veciñanza nunha zona desamente poboada.

O proxecto contempla a colocación de novo mobiliario urbano, composto de mesas de granito cos seus correspondente bancos, papeleiras de madeira e dúas fontes con auga potable.
Tamén se instalarán xogos infantís reservando unha zona destinada aos máis pequenos (ata cinco anos) con balancíns, randeeiras e un multixogo e outra para nenos maiores de ata 12 anos con dúas randeeiras e unha torre multixogo.

Executaranse tamén camiños mediante a achega de zahorra e posterios compactación. Na mesma zona realizaranse novas plantacións seguindo o estilo inglés paisaxístico. Plantaranse varias especies: Acer, Fraxinus, Quercus, Rododendos, Mirto, Lagestroemia índica; Cupresus, Nerium; Jasminiun; Plubago, Forsitia, Siringa.... Ademais repararanse os estanques do xardín.
En canto á Aula de Natureza levaranse a cabo diversos traballos de revestimento na planta. superior. Incluirá a pavimentación do chan, revestimento

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina