Culleredo cederá terreos á Xunta para o primeiro centro de día público e asina un protocolo con Sanidade para construír un segundo ambulatorio
O goberno local ultima os trámites para poder construír dúas novas infraestruturas de carácter social e sanitario: un centro de día e un centro de saúde.
Para o primeiro dos dous proxectos, o alcalde, Julio Sacristán de Diego, acaba de anunciar a intención do goberno local de levar ao próximo Pleno a aprobación da cesión dos terros necesarios ao Consorcio de Benestar Social para a construción do que será o primeiro centro de día de carácter público co que conte o municipio.
En canto ao novo centro de saúde, o Concello de Culleredo e a Xunta de Galicia acaban de asinar un protocolo de cooperación no que se recollen as bases para a futura construción do novo centro de saúde que se levará a cabo en Cordeda. O convenio, que asinaron o alcalde e a conselleira de Sanidade, María José Rubio, recolle o interese por parte das dúas administracións en construír o novo centro de saúde coa finalidade de mellorar a cobertura asistencial da poboación. No acordo, o Concello comprométese a ceder a favor do Servizo Galego de Saúde unha parcela cunha superficie mínima de 3.500 m2 asumindo tamén a dotación das infraestruturas necesarias tales como accesos ou a instalación de redes de servizos antes do inicio das obras.
O primeiro edil recordou que a intención da Xunta é que os traballos de execución das novas instalacións sanitarias comecen ao largo do próximo ano. Aínda que o goberno local tiña reservados uns 10.000 m2 finalmente só serán necesarios a metade se ben o protocolo de cooperación recolle un mínimo de 3.500.
O Concello propuxo este centro, segundo co que contará Culleredo, tendo en conta o aumento de poboación que se experimentou no municipio nestes últimos anos. Contará con sete de médicos/as de medicina xeral, dous/dúas pediatras, seis enfermeiros/as e catro postos de persoal auxiliar. As instalacións estarán divididas en sete consultas de medicina xeral, seis de enfermería, un despacho de xefe/a de servizo da unidade, unha sala de toma de mostras, unha sala de espera, unha sala de intervención menor e unha sala polivalente, ademais das dúas consultas de pediatría e unha consulta de enfermería pediátrica. As instalacións completaranse con outras dependencias comúns como aseos, almacéns..
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER