Culleredolandia de Nadal 2008

A concellería de Cultura do Concello de Culleredo xa ten todo preparado para que o vindeiro día 2 de xaneiro se cumpran catorce anos consecutivos de ensoño e xogo coa inauguración do parque infantil de ocio "Culleredolandia de Nadal".

Este se desenvolverá os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas na Polideportiva Municipal de Vilaboa. Un parque no que os nenos e nenas poderán disfrutar a cotío cunha programación completa e intensa e que está dirixido para menores de 12 anos.

Culleredolandia de Nadal é o grande regalo de reis do Concello de Culleredo para as nenas/os : un espacio de ilusión , de xogo, pero tamén un momento para "aprender xogando" nos moitos talleres que ano a ano aumentan en número. Este parque infantil permite aproveitar intensamente o ocio dos máis novos nestes días de vacacións previas á chegada dos Reis Magos que visitarán Culleredolandía o xoves día 4 de xaneiro ás 18:00 horas.

Obradoiros.-

"Culleredolandia de Nadal" ofrece obradoiros participativos de:, maquillaxe, cestería, xoguetes, globoflexia, vidro, abelorios, reciclaxe, maxia e malabares, nas que os nenos/as poderán elaborar os seus propios regalos de reis ao mesmo tempo que ocupan o seu tempo de lecer de maneira formativa e constructiva. Como novidade este ano no apartado de ludoteca teremos xogos de mesa xigantes de máis de 4 metros cadrados como xadrez, parchís, etc..

Inchables e atraccións.-
En canto ás atraccións instaladas no interior da Polideportiva os asistentes poderán disfrutar nos diferentes inchables adaptados a cada tramo de idade así teremos a Casa Caracol, coello, xiraloco, tobogán premier, safari park, tren infantil, cama elástica, karaoke, multiarcos, touro mecánico...

Como en edicións anteriores contaremos cunha grande carpa no exterior con máis inchables e actividades coas que divertirse como o futbolín humano, pista americana, rocódromo electrónico, attack, circuíto de quads e xira arte, un xogo de creación pictórica na que os nenos/as realizan debuxos abstractos de enorme colorido e que enmarcan in situ levándoos despois para as súas casas.

Os máis pequenos terán tamén un espacio axeitado para eles estando instalada unha gardería na que poderán participar activamente nesta parque infantil "Culleredolandia de Nadal".

Culleredolandia Máxica.-

Así mesmo Culleredolandia ofrece actividades diarias distintas, tendo lugar o día 2 a actuación do Mago Pablo que coas súas pombas e trucos fará a delicia dos máis pequenos; o día 3 instalarase no exterior a xa tradicional Carpa Máxica instalada ao efecto do Mago Antonio Romariz que virá nesta ocasión con moitas sorpresas, mesturando humor e maxia ao longo de catro sesións na tarde do mércores e xa para rematar coa maxia o día 4 terá lugar a actuación no recinto do Mago Daní Garcia co seu espectáculo de maxia de cerca.

Os Reis Magos en Culleredolandia.-

O xoves día 4 será o día máis agardado por todos os nenos e nenas coa chegada dos Reis Magos ao recinto ás 18:00 horas acompañados polos paxes reais e nunha caravana de vehículos antigos, nunha visita adiantada e especial na que recibiran as cartas e escoitaran os desexos de todos os nenos e nenas.

Ademais todos os días ás 19:30 horas haberá un fin de festa co grupo de animación "Fantasía" con xogos e bailes para todos os cativos/as.

"Culleredolandia de Nadal" é unha das apostas anuais da Concellería de Cultura, sabedora das necesidades de esparcimento e ocio nestes días de vacacións onde o tempo meteorolóxico non acompaña e non permite disfrutar da rúa.

"Culleredolandia de Nadal" cumpre catorce anos e dende a concellería de cultura gardase que máis de tres mil nenos/as de Culleredo e da comarca asistan a diario, neste parque, decano dos Parques de Ocio de Nadal que se celebran en Galicia, e cunha formula propia de xogos e obradoiros.

O parque estará atendido por 40 monitores especializados e Protección Civil de Culleredo, que coidarán de que o parque transcorra con toda a alegría e seguridade que un evento destas características require, non podendo como é tradicional , que os pais accedan á pista, debendo permanecer nas gradas.

Culleredolandia é un parque de atraccións de acceso gratuíto para menores de 12 anos .

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina