Taboleiro

Sorteo das plazas da Campaña de Esquí da Deputación

O martes 23 de xaneiro ás 10:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples, procederase ao sorteo das 12 prazas concedidas ao  Concello de Culleredo para a campaña de esquí organizada pola  Deputación da Coruña. Este acto ten carácter público polo que poderá asistir calquera interesado/a.

Sorteo das plazas da Campaña de Esquí da Deputación

O martes 23 de xaneiro ás 10:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples, procederase ao sorteo das 12 prazas concedidas ao  Concello de Culleredo para a campaña de esquí organizada pola  Deputación da Coruña. Este acto ten carácter público polo que poderá asistir calquera interesado/a.

Guía das Bibliotecas Municipais

Consulta o tríptico para coñecer o funcionamento das Bibliotecas Municipais 'Miguel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).

Campaña de esquí 2018 da Deputación

Se naciches entre o 2003 e o 2007 podes participar na campaña de esquí 2018 da Deputación da Coruña.
 
O prazo de inscrición comeza este xoves, 4 de xaneiro, e remata o día 16 deste mesmo mes.
 
Os participantes gozarán de catro días na #estación invernal de Cabeza de Manzaneda e de cursiños de esquí.
 
Adxúntase a folla de inscrición.

Obradoiros de Nadal

Os obradoiros de Nadal terán 2 tramos de idade, por unha banda de 5-11 anos con opcións en Villa Melania e Fonteculler, e pola outra as actividades para mozos de 12-17 anos agrupadas no 'Nadal Xove' que terán lugar en Fonteculler.  Todos se celebran os días 27, 28 e 29 de decembro.

Programa de actividades de Nadal

O programa de actividades de Nadal do Concello de Culleredo propón unha variada oferta para os nenos e nenas do municipio. Desde campamentos ou campus deportivos ata contacontos, obradoiros ou teatro; ademais das ineludibles visitas do Apalpador, Papá Noel e dos Reis Magos.

Consulta toda a información no programa adxunto.

Fe de erratas:

  • 22 de decembro: o 'Trono de Papá Noel' non se celebrará no Centro Social Municipal Fonteculler e si que terá lugar na Praza de Santa Gema.
  • 23 de decembro: non se celebrará a recollida de cartas de Papá Noel.

Inauguración exposición Mocidade e Arte en Culleredo

Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico do Burgo. 20.00 h:

Inauguración da exposición Mocidade e Arte en Culleredo, II. Alumnos/as do taller de Lola Beade. Ata o 5 de xaneiro de 2018.

Actividades infantís nas bibliotecas en decembro

Xa se publicou o programa de actividades infantís de novembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa). Todas as semanas deste mes os nenos e nenas do Concello de Culleredo disporán dunha ou varias propostas de ocio.

Convocatoria e Bases da convocatoria para a formación dunha lista de substitución de educador/a social (persoal funcionario interino)

Lista definitiva de admitidos e excluídos. Unha vez rematado o prazo establecido, a lista provisional elévase a definitiva.

Convocatoria e Bases da convocatoria para a formación dunha lista de substitución de pedagogo/a (persoal funcionario interino)

Lista definitiva de admitidos e excluídos. Unha vez rematado o prazo establecido, a lista provisional elévase a definitiva.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina