Información pública

Campaña de esquí 2018 da Deputación

Se naciches entre o 2003 e o 2007 podes participar na campaña de esquí 2018 da Deputación da Coruña.
 
O prazo de inscrición comeza este xoves, 4 de xaneiro, e remata o día 16 deste mesmo mes.
 
Os participantes gozarán de catro días na #estación invernal de Cabeza de Manzaneda e de cursiños de esquí.
 
Adxúntase a folla de inscrición.

Novos horarios e rutas dos autobuses metropolitanos

Desde o vindeiro luns, 6 de novembro, entrarán en funcionamento os novos horarios e rutas dos autobuses metropolitanos, xestionados por Autos Calpita - Asicasa.

Consulta toda a información nos documentos adxuntos.

Acto público na xunta de goberno local do 6 de marzo

A Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 6 de marzo de 2017 ás 13.00 horas, en primeira convocatoria, tratará en acto público na sala de Comisións da Casa Consistorial  (1ª andar) diferentes seguintes asuntos.

Acto público na xunta de goberno local do 14 de decembro

A Xunta de Goberno Local do 14 de decembro de 2015 ás 13.00 horas tratará en acto público a modificación do artigo 4 do prezo público pola venda de produtos da Escada.

Exposición pública da ordenanza de transparencia

O Concello de Culleredo abre a exposición pública da ordenanza de transparencia, acceso á información e reutilización, que foi aprobada polo pasado pleno da corporación.

Acto público na xunta de goberno local do luns 1 de decembro

A Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 1 de decembro de 2014 ás 13.00 horas tratará en acto público na sala de Comisións da Casa Consistorial a determinación do prezo na opción de compra dun vehículo de emerxencias.

Acto público na xunta de goberno local do luns 20 de outubro

A Xunta de Goberno Local do 20 de outubro de  2014 ás 13.00 horas tratará en acto público o reaxuste da anualidade do contrato de axuda a domicilio.

Acto público na xunta de goberno local do luns 30 de xuño

A Xunta de Goberno Local do 30 de xuño de 2014 tratará en acto público a proposta relativa ao reaxuste de anualidade do contrato de axuda a domicilio.

Acto público na xunta de goberno local do luns 26 de maio

A Xunta de Goberno Local que terá lugar o luns 26 de maio, ás 13.00 horas, na sala de Comisións da Casa do Concello, tratará en acto público a adxudicación do uso privativo da Casa Rosa.

Sorteo das mesas electorais para as eleccións ao Parlamento Europeo

O Concello de Culleredo celebrará o luns, 28 de abril, ás 13.00 horas, o sorteo dos membros de mesas electorais para as eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar o 25 de maio de 2014. O acto será público.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina