Actividade Municipal

Concerto didáctico de Arco Iris

Este venres, ás 17:30 horas, chega ao Conservatorio de Música de Culleredo o concerto didáctico para nenos de Arco Iris.

Unha experiencia de aprendizaxe interactivo, visual e, por suposto, auditivo. Os asistentes gozarán da música dunha forma divertida e diferente.

Resultados do torneo de Chave 2018

O 12 de maio o Campo de Almeiras acolleu o 37 Torneo Municipal de Chave 'Concello de Culleredo', do que resultou gañador o club 'Aldea', con Antonio Noya e Rafael Uzal. 

Vacantes no Conservatorio para o curso 2018-2019

O Concello de Culleredo publica as vacantes coas que conta nos primeiros cursos dos graos elemental e profesional do Conservatorio Municipal de Música. En total, o centro de ensino oferta un total de 55 prazas repartidas en iniciación e nos graos elemental e profesional.

Listaxe de admitidos/as nas Mañás de Campamento 2018

O Concello de Culleredo publica a listaxe de admitidos/as nas XIX Mañás de Campamento que terán lugar este verán. Foron aceptadas todas as solicitudes entregadas en prazo.

Excursión a Agolada

O sábado 12 de maio hai programada unha excursión a Agolada (Pontevedra), pertencente ao programa Clube +65 de Dinamización Comunitaria. 
 

Feira de Artesanía de Culleredo

O vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, terá lugar outra edición máis da Feira de Artesanía do Concello de Culleredo, que se celebrará na Praza Europa do Burgo. 

 

Excursión a Ribeira e Rianxo

O sábado 14 de abril levarase a cabo unha excursión a Ribeira e Rianxo, dentro do programa de actividades do Club+65, de dinamización comunitaria

Presentación da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de A Coruña

Este mércores ás 18 horas o Pazo de Vila Melania acollerá a xornada de presentación da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de A Coruña (ADACECO).
 

Saída ao balneario das Augas Santas (Pantón)

O próximo 6 e 7 de marzo o Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria, organiza unha saída ao balneario das Augas Santas, en Pantón. 

Obradoiros de Nadal

Os obradoiros de Nadal terán 2 tramos de idade, por unha banda de 5-11 anos con opcións en Villa Melania e Fonteculler, e pola outra as actividades para mozos de 12-17 anos agrupadas no 'Nadal Xove' que terán lugar en Fonteculler.  Todos se celebran os días 27, 28 e 29 de decembro.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina