O Concello de Culleredo comeza este venres, 9 de setembro, a súa tempada de exposicións culturais. Como vén sendo habitual, o Concello ofrece unha exposición mes a mes para levar as distintas manifestacións artísticas aos cidadáns de Culleredo.
Culleredo celebra esta semana a cuarta edición do Campus de Patinaxe Inclusivo, iniciativa do club Aura en colaboración co Concello e que conta co Premio á Intregación Social mediante o Deporte, concedido pola Fundación María José Jove en 2014.
O Concello de Culleredo celebra a XVI edición do festival BurgoJazz, un referente desta música en Galicia. Os concertos, totalmente gratuítos, serán no exterior, no xardín botánico do Burgo, desde este venres 1 ata o luns 4.
A praza de Europa do Burgo será mañá, martes 17 de maio, o núcleo da celebración do Día dás Letras Galegas en Culleredo. O Concello organiza a Feira de Artesanía cun amplo programa de actos, que reunirá ao longo do día a veciños de todas as idades.
Xa hai data para que os veciños gozar do novo auditorio do Burgo, no Edificio de Servizos Múltiples que o Concello de Culleredo remodelou. Será este venres 13 de maio e para a ocasión o goberno local, conmemorando a gran actividade de arte escénica que sempre tivo este edificio, elixiu un espectáculo de teatro infantil.
A reapertura do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, referente de actividades e atención ao veciño na zona urbana, é inminente. O Concello de Culleredo ultima os traballos de remodelación e tramita agora a contratación da dotación de mobiliario para as oficinas municipais.
A asociación cultural Bonsái Coruña e o Concello de Culleredo organizan este mes unha nova edición dos talleres de coidado de bonsáis. Celebraranse na Aula de Natureza do Burgo este domingo 13 (primeira edición) e o domingo 20 de marzo (segunda edición).
O Concello de Culleredo lanza unha nova edición dos seus campamentos urbanos de primavera, unha alternativa de lecer educativo para os días non lectivos da próxima Semana Santa.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER