Alcaldía

Proxectada unha pista multideporte xunto á lagoa de Fonteculler

O Concello proxecta a mellora e ampliación das instalacións recreativas da contorna da lagoa de Fonteculler, co afán de seguir incrementando o uso do paseo marítimo a todos os rangos de idade. A pista de skate e o parque infantil serán renovados e instalarase unha nova pista multideporte.

O alcalde leva a pleno dez alegacións para mellorar o proxecto do Estado de dragado da ría

Tras un pormenorizado estudo da proposta formulada polo Ministerio de Medio Ambiente para o dragado da ría do Burgo, o goberno local de Culleredo elevará o xoves a pleno un total de dez alegacións para mellorar o proxecto, tanto desde o punto de vista ambiental como construtivo.

Culleredo propón adaptar o bus ás necesidades reais dos veciños

O Concello de Culleredo quere modernizar o sistema actual de transporte público no municipio. O goberno municipal cullerdense baralla un sistema, en combinación coas liñas tradicionais, que configure os traxectos segundo a demanda real dos veciños, propiciando mellores frecuencias para eles

O Concello proxecta unha nova Nacional 550 na súa estratexia europea

O alcalde de Culleredo, Julio Sancristán, avanza a idea de converter a actual estrada nacional, cuxa intensidade de tráfico reduciuse de forma sobresaliente coa apertura da Terceira Rolda, nunha avenida urbana real.

Culleredo proporá a Europa un plan de desenvolvemento de 6,25 millóns de euros

O Concello de Culleredo vén de aprobar en pleno extraordinario a proposta de estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI) enmarcada na nova convocatoria de fondos FEDER. Baixo a denominación de "Culleredo Vivo", o goberno municipal elaborou un plan de 6,25 millóns de euros, dos que o 80% (5 millóns) serán solicitados á Unión Europa, achegando o Concello os 1,25 millóns restantes.

O novo centro de Fonteculler e Servizos Múltiples poderán estar listos en marzo

O Concello de Culleredo espera, segundo a estimación transmitida polos responsables dos traballos, que os seus dous principais proxectos en mellora do equipamento público estean listos o próximo mes de marzo. Trátase da remodelación do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e da construción dun centro cívico en Fonteculler.

Cambios nas mesas electorais do Burgo para as eleccións do 20 de decembro

O Concello de Culleredo informa das modificacións na situación en mesas electorais do Burgo para as eleccións xerais do vindeiro domingo 20 de decembro. Os cambios están motivados polas obras que se están a realizar no Edificio de Servizos Múltiples.

Concluída a modernización do parque infantil de Celas

O parque da Torre de Celas, un dos espazos verdes de referencia en Culleredo, xa conta con renovado parque infantil. O Concello acaba de concluír os traballos, incluídos no seu amplo plan de mellora das instalacións infantís.

O Concello propón un plan de 1,5 millóns en obras en servizos e infraestruturas

O goberno local de Culleredo levará a pleno mañá, martes 25 ás 13.30 horas, un plan de obras por importe de 1.590.396,79 euros. Será un dos maiores conxuntos de actuacións dos últimos anos que o Concello propón dedicar a investimentos de carácter eminentemente social e de mellora dos servizos básicos, respondendo a peticións veciñais.

O Concello abre a pasarela peonil que enlaza o paseo marítimo co final de Juan Carlos I

Os centos de veciños da zona de Fonteculler, Cordeda ou A Corveira xa contan cun renovado acceso ao paseo marítimo da ría do Burgo, espazo verde de referencia do municipio. O Concello de Culleredo abriu no mediodía de hoxe a pasarela peonil que agora enlaza o final da avenida Juan Carlos I co paseo, salvando o desnivel existente.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina