Igrexa de San Pedro de Ledoño

A parroquia de Ledoño está situada na zona sur do concello, a súa igrexa está situada no centro do núcleo de poboación. É moi similar ás outras igrexas realizadas no século XVII. A súa construción data de 1771, aínda que existía unha edificación de 1696, o seu aspecto actual débese a esta reconstrución.

Conta cun adro pechado por un sinxelo muro que pecha ademais o cemiterio parroquial, onde se conserva un sinxelo crucero con mesa.

 

Arquitectura

A planta do templo posúe tres corpos, ábsida, nave e unha construción encostada, destinada á sancristía. Os muros foron realizados en mampostería de pedra local, deixando só ao aire os esquinais dos muros, o resto foi recebado e encalado.

A entrada está situada aos pés do templo, por medio dunha portas adintelada con xambas e dintel de sillería. Sobre esta ábrese unha ventá e unha inscrición na que figura: "ano 1929", data na que se acometeron diversas obras de mantemento do inmoble.

A sobriedade da fachada só se ve rota pola súa espadana, que acolle o campanario, con dous corpos separados por unha imposta: o inferior con dous arcos de medio punto e o superior rematado por unha cruz de metal.

 

Retablos e imaxinería

Non conserva obras de notoria antigüidade, os retablos datan do XX (1929) e as imaxes de finais do século XIX. A imaxe patronal é de gran tamaño, realizada en madeira policromada, sen especial interese artístico.