Cruceiro

No cemiterio parroquial áchase un cruceiro cuxo valor non reside na súa antigüidade, pois foi realizado recentemente, senón na súa orixinalidade e a boa man do artista. Levántase sobre unha roca que foi traída exprofeso desde o Monte Xalo na que foi esculpida unha serpe que se enrosca no fuste da columna, inspirada na Pedra da Serpe de Corme.