Arquitectura

Para unha primeira aproximación, comezaremos polo estudo da súa planta. Templo de nave única e capela maior cuadrangular; no lado norte da nave ábrese outra capela menor, e na cara sur presenta un apéndice destinado á sancristía á cal accédese a través do ábsida.

Para o coñecemento da historia do edificio a maior información obtémola da observación dos muros exteriores. A igrexa ten orixe románico, probablemente de finais do século XII, pero á primeira formulación realizáronselle modificacións que configurou o seu actual aspecto.

A parte máis antiga do edificio corresponde ao testeiro e os muros laterais da nave que chegan prácticamente ata a fachada. O corte dos muros románicos é moi evidente por non estar ben ensamblados cos da fachada, no muro norte a unión fíxose de modo graduado, e no sur o corte é vertical. Os muros románicos presentan contrafortes que chegan ata o texaroz, de base rectangular; estes fanse máis visíbeis no seu muro norte, pois o sur foi modificado ao engadir a sancristía. Os pés da nave carecen deste elemento, xa que é propio das construcións medievais.

Outra cousa que non escapa á visión de calquera observador é a ausencia de canzorros no novo engadido. Os canzorros de Sta. María de Celas son os máis valiosos do municipio, polo seu número e riqueza en variedade de representacións; alternando os de tipo xeométrico con outros con representacións animalísticas e antropomórficas.

O seguinte período constructivo ocúpao a capela situada no muro norte; respecto á súa cronoloxía existen opinións diversas. Ángel del Castillo, baseándose na directriz apuntada do seu arco, a data a mediados do século XVI. Cardeso Liñares discrepa con este autor e afirma que a capela pertence ao primeiro momento constructivo, aínda que mantén que o arco de acceso débese a unha obra posterior de ensanche da mesma; fundamenta a súa teoría en que a fábrica dos muros da capela e o ábsida son similares.

Esta última opinión presenta as súas dúbidas, non parece probable que esta capela formase parte do templo románico, xa que non é habitual este tipo de estruturas, en cambio, é xeneralizada a igrexa de nave única e ábsida cuadrangular. A idea que suscita Cardeso sobre unha capela funeraria que posteriormente foi ampliada, é unha posibilidade, pero non formaría parte do primitivo templo, pois as capelas funerarias son un fenómeno máis serodio, característico do gótico e renacemento.

No muro de pechadura do testeiro ábrese unha fiestra de arco de medio punto que presenta chambrana sobre imposta moldeada e dous arquivoltas, a externa abocelada, con decoración de tacos, e a interior cunha sinxela moldura. O arco repousa sobre catro columniñas acobadadas exentas, con capiteis trapezoidais con decoración vexetal de pouco vulto.

No muro sur existe unha pequena porta con arco de medio punto e tímpano románico. O relevo do tímpano representa unha cruz de extremos trebolados inscrita nun círculo. Esta obra parece saída das mesmas mans que o tímpano da fachada de Oseiro, ao que curiosamente tamén nos remitía a portada de Culleredo. É un traballo prácticamente idéntico ao de Oseiro, o escultor traballa con dous planos: un fondo refundido que deixa en relevo a cruz.

Como fomos vendo nas igrexas románicas xa estudadas, esta de Celas tamén sufriu a perdida da súa fachada medieval. En 1837 abórdase a construción dunha nova fronte máis acorde coas formulacións artísticas da época. Levántase unha fachada de aire clasicista, realizada con sillares de boa fábrica. Consta dun corpo inferior onde se abre a porta principal, adintelada e con molduras en xambas e lintel; encima sobresae un tornachuvias de lonxitude algo maior que esta e sobre ela unha ventá semicircular. A parte superior parte dun entallamento, consta dunha espadana con dous arcos de medio punto e reloxo baixo unha cornixa curva, remata o conxunto un pináculo en bóla cunha cruz de metal. O corpo inferior e superior únense mediante dous aletóns con ornamentos nos seus extremos que se repiten na imposta superior e remate de fachada.

A última obra de importancia acometida, foi a sancristía que data de 1909, anexa ao muro sur, con acceso desde a capela maior e desde o exterior. É unha construción de menor calidade realizada en mampostería de pedra local.

O interior:

A igrexa posúe unha nave ampla pola cal accédese á capela maior e a lateral ou das Ánimas. A capela maior presenta un arco triunfal de medio punto que dá orixe a unha bóveda de canón de fondo plano. Os arcos faxóns repousan sobre catro semicolumnas de fuste liso e basea ornada con bólas. Os capiteis mostran un traballo moi similar, con follas moi simétricas en forma de lingüeta, decoradas con bólas. Unha imposta percorre os muros do ábsida decorada cunha simple incisión.

No muro sur do ábsida un arco de medio punto comunica coa sancristía, arco dun antigo sepulcro que foi reaproveitado para este fin. A clave do arco ten o relevo dun helmo con plumas, datado por G.-Ledo en torno ao século XVI.

Capela das Ánimas está situada no muro norte. Presenta un arco apuntado dobre moi ancho, que repousa sobre unha imposta sen decoración e está cuberta por un teitume de madeira.

No interior non existen máis detalles de interese, pero debemos mencionar algunhas obras que foron trasladadas ao pazo que existía anexo á Torre de Celas. Segundo Ángel del Castillo, Javier Ozores señor de Vinseira, apropiouse da pía bautismal da parroquia, que era de estilo románico de forma semiesférica con gallóns a cicel e cruces de malta. Ademais, tamén conservaba nas súas posesións dous sarcófagos: un antropomorfo e unha lápida con escudos nobiliarios e lenda escrita en carácteres romanos.