Imaxinería

Cristo crucificado: O tempo fixo mella nesta obra que se conserva en mal estado, a escultura está mutilada, carece de brazo dereito, o brazo esquerdo está mal ensamblado e o pano púdico perdeu o cordón que o sostiña. É un Cristo sereno, repousa a súa cabeza sobre o ombreiro e está cravado con tres cravos, un en cada brazo e outro nos pés. O pano anoa na cadeira dereita, o tecido dá a sensación de estar amidonado, cunha textura grosa e pregamentos angulosos que se separan do corpo. Tamén chama a atención o modo de tratar a musculatura, esaxeradamente voluminosa. Todas estas característica descritas levan a situar a obra cara á segunda metade do século XVII, en pleno esplendor deste tipo de representacións.

Outras imaxes que se atopan no templo son: S. Martín, S. Roque, Santiago e a Virxe do Rosario.