Arquitectura

A planta do templo posúe tres corpos, ábsida, nave e unha construción encostada, destinada á sancristía. Os muros foron realizados en mampostería de pedra local, deixando só ao aire os esquinais dos muros, o resto foi recebado e encalado.

A entrada está situada aos pés do templo, por medio dunha portas adintelada con xambas e dintel de sillería. Sobre esta ábrese unha ventá e unha inscrición na que figura: "ano 1929", data na que se acometeron diversas obras de mantemento do inmoble.

A sobriedade da fachada só se ve rota pola súa espadana, que acolle o campanario, con dous corpos separados por unha imposta: o inferior con dous arcos de medio punto e o superior rematado por unha cruz de metal.