As 13 horas: celébrase xunto o cruceiro de Veiga, en Ledoño a Romaría de San Blas, vestixio do antigo Entroido que se celebraba a mediados do século vinte e recuperada en 1984 pola Corporación Municipal Cullerdense e que se ven celebrando dende entón de xeito ininterrompido xunto o cruceiro de Veiga. Á Romaría de San Blas baixan os choqueiros de todo o val de Veiga, dende Castelo, Celas, Peiro, Ledoño, Bregua, Orro, Sésamo, etc., a ler o TESTAMENTO, que son coplillas satíricas e envelenadas sobre os sucesos anuais no val de Veiga e tamén sobre a política local xeral.
Como sempre, este ano actuarán varias comparsas da Comarca, haberá un concurso choqueiro, lerase o testamento e actuará a Orquestra Superfama.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER