O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, así como persoal técnico do Concello, reuníronse esta mañá coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o xefe da Demarcación de Costas do Estado, Carlos Gil; persoal técnico da Demarcación de Costas e técnicos da empresa adxudicataria dos traballos para acordar que pasos hai que dar para a perfecta adecuación do Paseo Marítimo.
A reunión de traballo estableceu o plan de acción que dará continuidade ás obras de dragaxe e calendarizalo nas vindeiras semanas, acordándose así os espazos nos que se van a levar a cabo actuacións para repoñer os elementos afectados en lugares dun elevado tráfico de maquinaria pesada, así como outro tipo de actuacións que se levaron a cabo para finalizar a dragaxe do estuario.
Nos vindeiros días, o persoal da empresa adxudicataria da obra comezará os traballos de reparación que, por outra banda, son habituais nas obras públicas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER