O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, porá en marcha proximamente a segunda edición de ‘Culleredo, de cine’ de novo co director Hugh McGinley. O programa pretende consolidar a ferramenta da curtametraxe nos colexios, centrándose nos adolescentes e preadolescentes do século XXI. Serán 5 as pezas que elaboren, que serán presentadas novamente na Cullerciencia 2024, con data de celebración o 8 de xuño.
Será impartido en varias fases, con formación e tutela durante todo o proceso. Preténdese detectar as debilidades e as fortalezas da nosa realidade á hora de definir o marco e os perfís; o desenvolvemento de historias sólidas, interesantes e facilmente convertibles á nova linguaxe audiovisual para evitar posteriores problemas en produción e post produción; a importancia do formato e da linguaxe técnica; a narrativa, o ritmo, as intra historias e os diálogos etc.
Tamén se formará aos e as mozas en aspectos técnicos, como os tipos de planos cinematográficos e os tipos de movemento de cámaras, deseño de 'storyboard' e anotacións técnicas ao guión, o que se coñece como ‘plan de rodaxe’.
Por último, realizarase unha rodaxe auténtica, desenvolvendo o labor de dirección favorecendo o manexo directo do alumnado, sendo elas e eles quen opere as cámaras, claquetas, luces e resto do equipo
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER