'A máquina das emocións', concerto didáctico do profesorado do CMUS dentro do programa EducaCulleredo

O Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo acolleu esta mañá ‘A máquina das emocións’, un concerto didáctico por parte do profesorado para as nenas e nenos dos centros CEIP Plurilingüe Sofía Casanova, CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Plurilingüe Ría do Burgo e CEIP Plurilingüe Vila de Rutis, enmarcado no programa EducaCulleredo. Participaron un total de 294 nenas e nenos dos dous primeiros cursos de Educación Primaria.

No mesmo, presentáronse algúns instrumentos como o piano, clarinete, saxofón, frauta traveseira ou o violín, amosando como a través da música podemos expresar e canalizar as nosas emocións. Tratáronse temas como o medo, a ira, a calma, a tristeza e a alegría.

Con esta actividade búscase salientar o valor da música por si mesma, reflexionando sobre como nos acompaña e forma parte da nosa vida diaria en moitas situacións. A escena situouse na habitación dunha nena que entre outros xoguetes, ten unha máquina de emocións, a cal ía soando segundo os seus sentimentos.

As nenas e nenos puideron ver no escenario a máquina cos seus músicos tocando, escoitando as melodías e descubrindo como a protagonista desfrutaba, se emocionaba ou mesmo se enfadaba. 
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina