O Concello de Culleredo organiza para os seus maiores unha excursión a Ribeira para o próximo 19 de outubro con 100 prazas dispoñibles. O prazo de preinscrición abrirase o mércores 2 de outubro e pecharase o venres 11 de outubro. Poderá realizarse presencialmente na segunda planta do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ou nos teléfonos 981 66 55 97 e 649 40 76 04 en horario de 9:00 a 13:30 horas.
Poderá formalizarse a inscrición ao realizar o pago do transporte, con prazo ata o día 11 de outubro para persoas empadroadas no municipio e ata o 15 de outubro para persoas sen empadroar, coa condición de que queden prazas libres.
O prezo da comida, a visita ao Hórreo de Araño e o baile será de 25 euros, que se abonará ao guía o mesmo día da excursión. O menú constará de callos con garavanzos, pescada á biscaíña, sobremesa, bebida e café. Celebrarase no restaurante ‘Casa Vilas’.
O prezo do transporte será de 10 euros con desconto (persoas empadroadas no Concello con carné socio do Club +65, voluntariado, familia numerosa, demandantes de emprego no SEPE e persoas con certificado de discapacidade) ou 13 euros sen bonificacións. O pago débese realizar vía ingreso na conta do concello,entregando posteriormente o xustificante de pago de forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Os autobuses sairán de Castelo e de Boedo ás 8:00 horas da mañá, pasando posteriormente por Vinxeira, Celas, Peiro, Ledoño, Bregua, Orro, Casal, Sueiro, Tarrío, Liñares, Alvedro, Almeiras, Vilaboa, A Corveira, Fonteculler e O Burgo.