Culleredo presenta unha ampla programación para conmemorar o 25N

O Concello de Culleredo prepara unha ampla programación de actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Baixo o lema ‘Basta xa!’ organizaranse xornadas sobre a violencia contra as mulleres, unha andaina, obras de teatro, contacontos e outras actividades.
 
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, presentou a programación deste ano, resaltando que “é un tema de máxima preocupación sobre o que toda concienciación é pouca, por iso decidimos configurar un programa amplo desde distintas áreas municipais, como Igualdade, Cultura e Xuventude, para sensibilizar a toda a poboación e facer chegar a mensaxe que dá nome á campaña deste 2024 a todas e a todos os cullerdenses”.
 
Baixo esta premisa levaranse a cabo dúas xornadas sobre a violencia contra as mulleres. A primeira delas está programada para o luns 25 ás 12:00 horas na sala polivalente do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, mentres que a segunda celebrarase o día 27 no reitoral de Celas de Peiro ás 18:00 horas. Ambos relatorios contarán coa participación de Sandra María Vázquez Agra, do equipo VIOXEN da Garda Civil, e de Manuel Vilaboy Romero, da unidade de violencia de xénero sobre a muller da Subdelegación do Goberno da Coruña. 
 
Este ano tamén se celebrará a ‘Andaina contra a violencia de xénero’, que chega á súa decimoprimeira edición. Está organizada polo Consorcio As Mariñas para o sábado 23 ás 11:00 horas e nesta ocasión realizarase un percorrido de cinco quilómetros polo concello de Bergondo.
 
Ademais, durante todo o mes de novembro realizarase unha mostra bibliográfica sobre a materia de xénero en todas as bibliotecas municipais do concello, ao que hai que sumar a iniciativa do alumnado dos diferentes institutos de educación secundaria, que realizarán unha gravación de vídeo como campaña de sensibilización contra o machismo. 
 
PROGRAMACIÓN CULTURAL
 
O programa especial para este mes de novembro tamén contempla unha gran variedade de actividades culturais, que darán comezo o xoves 7 coa celebración do contacontos ‘Os contos da dragona Ramona’ na Biblioteca González Garcés do Burgo ás 17:30 horas. Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas de 3 a 12 anos e conta con entrada libre sen reserva previa.
 
O venres 15 será a quenda do teatro, coa obra ‘Tralalareira’ con Vero Rilo e Santi Cribeiro no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ás 20:30 horas. Trátase dun espectáculo de narración oral, humor e música que forma parte do programa ‘Culleredo en Escena’. Está dirixido a un público adulto e será preciso reservar entrada previamente, algo que se poderá facer desde o luns 11 de novembro a través do teléfono 981 665 597 ou de forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 16:00 a 21:00 horas.
 
O xoves 21 volverán os contacontos da man da dragona Ramona, aínda que nesta ocasión será na Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa a partir das 17:30 horas. Non será preciso realizar reserva de forma anticipada.
 
A programación cultural continuará o domingo 24 cunha nova obra de ‘Culleredo en Escena’. Teatro Airiños presentará ‘As vellas non deben namorarse’, unha revisión do texto clásico de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao na que se xoga co cambio de xénero, identidade e orientación sexual dos personaxes dándolle unha volta á peza e achegándoa ás novas realidades sociais. Será no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ás 19:00 horas e haberá que reservar entrada previamente, ben de forma presencial no propio edificio ou chamando por teléfono, ambas opcións a partir do luns 18.
 
Para pechar o mes, o venres 29 haberá un novo espectáculo do programa ‘Culleredo en Escena’ no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Verdeveras Expresións Artísticas presentará  ‘As formas do amor’, unha peza alegre, conmovedora e precisa polo seu impacto positivo en valores como o amor ou a igualdade. Está programada a partir das 20:30 horas e conta con entrada baixo reserva previa que se pode facer de xeito presencial ou chamando por teléfono a partir do luns 25.

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina