O Concello de Culleredo organiza unha excursión a Allariz o próximo 30 de novembro con 100 prazas dispoñibles. O prazo de preincrición abrirase o mércores 13 de novembro e pechará o venres 22 de novembro. Poderáse realizar de xeito presencial na segunda planta do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ou nos teléfonos 981 66 55 97 e 649 40 76 04 en horario de 9:00 a 13:30 horas.
A inscrición formalizarase ao realizar o pago do transporte, con prazo ata o día 22 de novembro para persoas empadroadas no municipio e ata o 26 de novembro para persoas sen empadroar, coa condición de que queden prazas libres.
O prezo da comida, o visita pola vila e o baile será de 28 euros, que se abonarán á guía o mesmo día da excursión. O menú constará de tallarines á carbonara, redondo de tenreira con patacas, sobremesa, bebida e café. Celebrarase no restaurante A Carballeira (Ourense).
O prezo do transporte será de 10 euros con desconto (persoas empadroadas no Concello con carné socio do Club +65, voluntariado, familia numerosa, demandantes de emprego no SEPE e persoas con certificado de discapacidade) ou 13 euros sen bonificacións. O pago débese realizar vía ingreso na conta do concello, tras o que se terá que entregar o xustificante de pago de forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Os autobuses sairán de Castelo e Boedo ás 8:00 horas da mañá, pasando posteriormente por Vinxeira, Celas, Peiro, Ledoño, Bregua, Orro, Casal, Sueiro, Tarrío, Liñares, Alvedro, Vilaboa, A Corveira, Fonteculler e O Burgo.