Empezan os obradoiros prácticos en ecopercusión para o alumnado de 3º de Educación Primaria dos centros públicos de Culleredo

Este luns, 11 de novembro, empezaron os obradoiros prácticos en ecopercusión nos centros públicos do Concello de Culleredo, destinados ao alumnado de 3º de Educación Primaria. Este é o segundo ano que se desenvolverán estes obradoiros en Culleredo, sendo á súa vez a primeira actividade do curso 2024-25 do programa municipal ‘EducaCulleredo’.
 
Desta maneira, dá comezo un programa que segundo destaca a tenente de alcalde e concelleira de Educación, Cristina Pardo, “complementa á docencia regrada, propoñendo un conxunto de ámbitos educativos de interese didáctico para o alumnado”, apuntando á súa vez que “unha das claves do seu bo funcionamento é que son os docentes de cada centro os que elixen as actividades para participar do amplo abanico que ofrece o Concello”.
 
Neste caso, trátase dun obradoiro impartido polos músicos Didier Díaz e Eduardo Ponce onde, a través de materiais reciclados convertidos en instrumentos improvisados, o alumnado de 3º de Educación Primaria introducirase en técnicas básicas para o desenvolvemento dunha banda de percusión. Nesta actividade, o alumnado descubrirá o potencial dos materiais de refugallo e a nova vida que poden ter, á vez que aprenden sobre música e potencian as súas habilidades e a súa creatividade.
 
Os obradoiros teñen dúas horas de duración e foron inaugurados este luns no CEIP Ría do Burgo e no CEIP Sofía Casanova. O martes, 12 de novembro, celebraranse as outras tres sesións programadas, repetindo o CEIP Ría do Burgo e engadindo unha sesión no CEIP Díaz Pardo e outra no CEIP Vila de Rutis.
 
Didier Díaz e Eduardo Ponce, os docentes que se encargan de dirixir esta actividade, pertencen ao colectivo ‘Ecopercusión’, especializado e organizado para servir como punto de apoio no ensino de todos os niveis e contribuíndo ao desenvolvemento da música instrumental, vocal e expresión corporal.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina