O Concello de Culleredo organiza un amplo programa educativo en coordinación cos centros de ensino radicados no municipio. Ao longo do curso 17-18 realizaranse numerosas actividades en diferentes ámbitos da educación en complemento coa docencia reglada.
Xa se publicou o programa de actividades infantís ata decembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa), que comezarán no mes de outubro.
O goberno de Culleredo aproveitou os meses de verán para acometer un plan de mellora dos colexios, escolas unitarias e escolas infantís do municipio con obxecto de que as instalacións estean preparadas no inicio do novo curso. Utilizando o período vacacional evitáronse molestias no desenvolvemento da actividade docente que empeza hoxe. O investimento municipal superou os 60.000 euros.
O Concello de Culleredo organiza o vindeiro luns, 19 de xuño, a reunión informativa cos pais/nais dos participantes nos campamentos de verán "Mañás de Campamentos". Será ás 20.45 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Os pequenos do Centro Rural Agrupado de Culleredo (CRA) estrearon hoxe o seu propio Museo de Historia, bautizado co nome de "MUCRA". Permanecerá aberto aos veciños desde o 30 de maio ata o 2 de xuño, en horario de 17:00 a 20:00. Está situado na Casa dos Caseiros de Vila Melania, Vilaboa.
En coincidencia co Día Internacional contra o Acoso Escolar, o Concello de Culleredo completou a súa campaña educativa emprendida para previr o bullying entre os escolares. Desenvolveuse nas aulas de 5º de primaria de todos os colexios públicos do municipio, baixo a denominación de "Eu non son cómplice".
O Concello de Culleredo publica a listaxe de admitidos no programa XVIII Mañás de Campamento que Concilian. A matrícula será do 2 ao 12 de maio no Edificio de Servizos Múltiples.
Os campamentos municipais de primavera viven este ano a súa edición máis numerosas. Este é o quinto ano consecutivo que funciona a iniciativa, ideada polo Concello de Culleredo para favorecer a conciliación, e acolle nesta ocasión a 95 nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER