O concello de Culleredo dende o seu programa de Cooperación dependente da concellaría de Mocidade e Voluntariado que dirixe Beatriz Pérez Mosquera, asina no día de hoxe un convenio co Fondo Galego de Cooperación para a colaboración nun proxecto de cooperación internacional. Este proxecto que leva por título "Apoio á implementación de políticas locais con perspectiva de xénero" desenvólvese en Paul e Praia, dúas municipalidadades de Cabo Verde a través do Instituto Cabo Verdiano para a igualdade e equidade de xénero; o ICIEG é un órgano gobernamental cuxo mandato é promover a igualdade e equidade de xénero en todas as esferas de actividade do país.
O obxectivo principal deste proxecto é o de promover a igualdade entre os xéneros e o empoderamento da muller, e mais especificamente, integrar a perspectiva de xénero nos instrumentos de planificación, execución, seguimento e avaliación das políticas municipais desta área xeográfica.
Coa sinatura deste convenio o concello realiza unha aportación de 6000 euros para a execucións de accións do proxecto no período de setembro a decembro de 2008 e que teñen que ver co reforzo, a elaboracións de plans e a sensibilización en mateia de igualdade e equidade de xénero que contempla este proxecto
O concello de Culleredo é socio fundador do Fondo Galego de Cooperación, -dende 1997- mais esta é a primeira vez que colabora de xeito directo a través dun convenio específico nun proxecto de cooperación internacional concreto, mais alá da aportación económica anual correspondente como membro do Fondo.
Está previsto que nos vindeiros anos continúen a desenvolverse mais iniciativas de cooperación así como crecemento do orzamento municipal; froito desta nova política é a celebración do I Encontro de Cooperación, Voluntariado e Interculturalidae que se celebrará os días 24 e 25 de outubro co obxectivo de crear espazos de reflexión e de sensibilización entre a poboación de Culleredo no eido da solidariedade e que tem como fin último o contribuír á erradicación da desigualdade social.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER