Culleredo conmemorou con APEM o Día da Saúde Mental

O paseo marítimo do Burgo foi o escenario da andaina solidaria con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, organizada por APEM e o Concello de Culleredo. A iniciativa buscou como obxectivo principal visibilizar a importancia do benestar psicolóxico.

Culleredo celebrará o Día da Muller Rural o 17 de outubro no parque da Torre de Celas

O parque da Torre de Celas acollerá o vindeiro sábado 17 de outubro a celebración do Día da Muller Rural en Culleredo. A xornada, organizada polo Concello coa colaboración da asociación As Berenguelas, renderá homenaxe ao papel das mulleres no desenvolvemento e a vida do rural.

O Concello de Culleredo acomete en horario nocturno o asfaltado dun novo tramo da avenida de Vilaboa

As obras de reforma urbana da parte baixa da avenida de Vilaboa dan un novo paso coa pavimentación da calzada. O Concello de Culleredo emprende desde mañá os traballos en horario nocturno, para minimizar o impacto na circulación dunha das arterias principais do municipio.

Distribuir contido

Exposición do censo electoral - Eleccións ao Congreso dos Deputados e o Senado - 29/11/2026

Con motivo da celebración das Eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado o próximo 29 de novembro do 2026 e de conformidade co disposto no artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, se procederá á exposición ao público do CENSO ELECTORAL vixente pechado a 1 de agosto de 2026, que reflexa a información recibida na Oficina do Censo Electoral referida ás altas, baixas e modificacións comunicadas ata o 30 de xullo de 2026, durante o período comprendido entre os días 12 e 19 de outubro do 2026, ambolos dous inclusive.

Prazas vacantes nas actividades municipais culturais e deportivas

A matrícula nas prazas vacantes poderá formalizarse desde o día 6 de outubro a partir das 09:00 horas de forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 

Listaxe definitiva de preinscrición en Iniciación I e Iniciación II para o curso 2026/27.

Os admitidos deben formalizar a matrícula do 28 ao 30 de setembro segundo as instruccións recibidas no seu correo electrónico. No caso de non completar o proceso de matrícula no prazo establecido, perderán a praza para este curso. 

Listaxe de persoas admitidas na coral de adultos

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas para a actividade Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo.

Listas de adxudicación de prazas e de agarda para as actividades municipais 2026/2027

O Concello de Culleredo publicas as listas de adxudicación de prazas e orde na lista de agarda do Programa de Actividades municipais culturais e deportivas 2026/2027.

Sorteo de prazas para as actividades municipais 2026-2027

O Concello de Culleredo informa de que o venres, día 18 de setembro de 2026, celebrarase o sorteo público para a adxudicación de prazas das Actividades municipais culturais e deportivas 2026/2027.

Curso presencial para mulleres: Xestión de Ecommerce e análise de datos

Cibervoluntarios.org, en colaboración co Concello de Culleredo, organiza o curso presencial para mulleres "Xestión de Ecommerce e análise de datos".

Curso de poda e enxertos de froiteiras e ornamentais

O Concello de Culleredo organiza un curso de poda e enxertos de froiteiras e ornamentais, dirixido a maiores de idade, preferentemente veciños e veciñas de Culleredo.

O enlace para inscrición é o seguinte:

https://forms.gle/TZ33Sk7rwXBKWwPS8

Distribuir contido

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina