O Concello de Culleredo obtén 6,5 millóns de Europa para a súa estratexia urbana

O Concello de Culleredo logra 6,5 millóns de euros de fondos europeos para levar a cabo a súa Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local. O investimento, que será de 10,9 millóns, destinarase a actuacións de envergadura de mellora urbana, en harmonía coa rexeneración realizada na ría.

Culleredo celebra o domingo 5 de outubro o primeiro Día da Bicicleta

O Concello de Culleredo organiza este domingo, 5 de outubro, a primeira edición do Día da Bicicleta, unha gran festa deportiva aberta a veciños e veciñas de todas as idades. A cita desenvolverase no emblemático Paseo Marítimo do Burgo, un dos espazos máis concorridos polos afeccionados ao deporte no municipio. O evento está promovido por La Voz de Galicia e Radio Voz, e conta co patrocinio de Vegalsa, Eroski e Familia.
 

Culleredo celebrará o Día da Muller Rural cunha ampla programación con música, artesanía, foliadas e gastronomía

O Concello de Culleredo conmemorará o sábado 11 de outubro o Día da Muller Rural cunha ampla xornada de actividades no recinto cuberto do parque da Torre de Celas. A cita, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación As Berenguelas, busca poñer en valor o papel esencial que desempeñan as mulleres no ámbito rural. 
 
Distribuir contenido

Listaxe de persoas matriculadas no Conservatorio Municipal en Iniciación I e Iniciación II para o curso 2025/2026

Publicadas as listas de matriculados do Conservatorio Municipal en Iniciación I  e  Iniciación II para o curso 2025/2026.

Listaxe persoas matriculadas nas vacantes da Coral de Adultos

O Concello de Culleredo publica a listaxe de persoas matriculadas nas prazas vacantes da Coral de Adultos para o curso 25-26. Como non se cubriron todas as prazas dispoñibles, recóllese na resolución que se poderán matricular, iniciada a actividade, aquelas persoas que cumpran os requisitos para o acceso á mesma.

Listaxe de vacantes nas actividades municipais culturais e deportivas

O Concello de Culleredo publica a oferta de prazas vacantes nas actividades municipais culturais e deportivas 2025/2026.

Listaxe provisional de admitidos e excluídos na preinscrición do Conservatorio Municipal a Iniciación I e Iniciación II para o curso 2025/2026

Publicadas as listas provisionais de admitidos e excluídos na preinscrición do Conservatorio Municipal a Iniciación I  e  Iniciación II para o curso 2025/2026.

 

 

Listas de persoas admitidas e de agarda para as actividades municipais culturais e deportivas 25/26

O Concello de Culleredo publica as listas de persoas admitidas e listas de agarda para as  actividades municipais culturais e deportivas 25/26.

O Concello de Culleredo e o Consorcio As Mariñas retoman en outubro as charlas de compostaxe

O Concello de Culleredo, en colaboración co Consorcio As Mariñas, anuncia que no mes de outubro retomaranse as charlas formativas de compostaxe doméstica, nas que tamén se fará entrega dos composteiros ás persoas inscritas.

Listado de matriculados e novo prazo de matrícula da Coral de Adultos

O Concello de Culleredo publica a resolución do listado de matriculados na Coral de Adultos para o curso 25-26. Convócanse 15 prazas que quedaron vacantes, abríndose un novo prazo de matrícula do 22 ao 30 de setembro de 2025 (ambos incluídos).

Feira de Artesás do Día da Muller Rural

O Concello de Culleredo publica as condicións de participación na Feira de Artesás do Día da Muller Rural, que se celebrará o vindeiro sábado 11 de outubro, no parque da Torre de Celas.

Distribuir contenido

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina