Medioambiente e Servizos

Corte na intersección da rúa Choeira por mor das obras de recuperación do Camiño de Santiago

O Concello de Culleredo procederá ao corte da intersección da rúa Choeira, á altura da igrexa, para continuar coas obras de recuperación do Camiño de Santiago nas rúas Catas e Choeira. 

Corte na Avenida de Rutis o 2 de decembro

A Avenida de Rutis permanecerá pechada este xoves 2 de decembro de 21:00 horas ás 00:00 horas.

 

Corte de tráfico entre Ledoño e Boedo

O Concello de Culleredo informa de que a estrada de Ledoño a Boedo (CP-511), así como a de Cabana a Boedo, permanecerán pechada o venres, 28 de maio, de 11.00 a 14.00 horas, con motivo da realización das probas do "Ralle de A Coruña".
 
 

 

Listaxe provisional do proxecto de formación para a sustentabilidade ambiental: plantación e producción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Concello de Culleredo 2020/2024

Consulta aquí as listaxes provisionais do proxecto de formación para a sustentabilidade ambiental: plantación e producción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Concello de Culleredo 2020/2024.

Corte da iluminación pública na avenida Niceto Alcalá-Zamora

O Concello de Culleredo informa de que na noite de hoxe, martes 1 de setembro, permanecerá sen servizo parte da iluminación pública da avenida Niceto Alcalá-Zamora por motivo das obras nun establecemento industrial que se está a construír na contorna.

Corte de Tierno Galván polas obras de Fenosa na liña de alta tensión

O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a rúa Profesor Tierno Galván desde mañá xoves 27 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa. 

Aviso de cortes de electricidade na madrugada do 26 de setembro

O Grupo Naturgy vén de informar ao Concello de Culleredo dunha serie de cortes programados na subministración eléctrica de varios puntos do municipio, para a madrugada do vindeiro xoves, 26 de setembro, en Acea de Ama.

O novo depósito de Emalcsa en Almeiras evitará os problemas de turbidez e presión de auga no municipio

A construción dun novo depósito de auga en Almeiras, por parte de Emalcsa, é fundamental para o abastecemento da área metropolitana, e solucionará en Almeiras e en varias parroquias de Culleredo os problemas xerados pola reserva limitada de auga existente no depósito actual.

Bandos sobre a limpeza de fincas e a eliminación do plumacho

O Concello de Culleredo edita bandos de alcaldía sobre a obriga dos propietarios de terreos de mantelos en perfectas condicións de limpeza e de eliminar a pranta invasora coñecida como plumacho.

Bando sobre as festas de San Xoán 2017

O Concello de Culleredo publica un bando de alcaldía para regular as festas de San Xoán 2017. Os promotores de lumeiradas deben comunicalo previamente a sanxoan2017@culleredo.es.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina