O Concello de Culleredo informa de que a estrada de Ledoño a Boedo (CP-511), así como a de Cabana a Boedo, permanecerán pechada o venres, 28 de maio, de 11.00 a 14.00 horas, con motivo da realización das probas do "Ralle de A Coruña".
Así mesmo, o sábado, 29 de maio, permanecerán cortadas ambas ao tráfico entre as 15.00 e as 21.00 horas.
Importante: durante a primeira xornada, a do venres, non se poderá acceder ao núcleo de Bregua. Na do sábado, en cambio, a veciñanza sí poderá acceder.