O goberno de Culleredo continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas para os veciños. Nesta ocasión, o Concello executa a ampliación do servizo de saneamento no núcleo de Toroño, na parroquia de Culleredo.
O Concello de Culleredo executa os traballos de remodelación da rúa Estreita, en Vilaboa. Cun orzamento de 69.000 euros, a obra consiste na renovación da pavimentación da rúa e na dotación de rede de recollida de pluviais.
O goberno local ultima a construción de beirarrúas na rúa Xafontes, entre a Nacional 550 e a ponte que pasa encima da autoestrada AP-9, na marxe dereita. Trátase dun viario que é especialmente utilizado polos veciños de Vilaboa, Laxe ou Conduzo.
O Concello de Culleredo deseñou un amplo plan de arranxo de beirarrúas, centrado nos núcleos urbanos do municipio, que inclúe tamén a reparación daquelas zonas de estacionamento de vehículos que así o requiren, puntos polos que tamén pasan os veciños a pé. Este plan xa está en marcha. Estes días leva a cabo no Burgo, na contorna da Cros.
O parque Sofía Casanova, de Vilaboa, prepárase para adquirir unha nova cara. O Concello de Culleredo executa as obras de reforma do espazo con obxecto de mellorar as súas prestacións, a petición dos veciños da zona que frecuentan a diario a zona para a práctica deportiva, pasear ou levar aos nenos.
Hai dúas semanas comezou o asfaltado de toda a avenida Electo Carballo, entre O Portádego e Fonteculler. Agora ultímase o pintado da calzada, incluíndo os pasos de peóns de vías perpendiculares, para devolvela ao seu estado normal tras a as obras de Emalcsa..
O Xardín Botánico consta na actualidade dun aparcadoiro en liña fronte á entrada principal, que podía acoller a unha decena de coches. O Concello, a través da Concellaría de Obras e Servizos que dirixe Narciso Marzoa, deseñou unha ampliación desta zona que triplicará a súa capacidade.
O Concello de Culleredo acaba de concluír un importante plan de mellora no sistema de bombeos da rede municipal de saneamento, instalacións fundamentais para evitar verteduras á ría. O conxunto de actuacións levadas a cabo buscou a mellora da eficacia no seu funcionamento.
O Concello de Culleredo executa tarefas de saneamento e limpeza do río Trabe, no núcleo de Acea de Ama. Ante os avisos recibidos da presenza de roedores na contorna, o Concello deu orde inmediata á empresa encargada para que procedese á desratización.
O Concello de Culleredo acometeu a mellora do firme nunha das rúas máis céntricas do núcleo urbano do Burgo. Trátase da rúa Templarios, situada a escasos metros da ponte romana da ría.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER