O Xardín Botánico do Burgo converteuse nos últimos tempos nos referentes de actividades culturais e ambientais do Concello. É o principal centro de exposicións, albergando practicamente unha cada mes, e doutros eventos como concertos (BurgoJazz) ou actividades de corte didáctico aproveitando a aula de Natureza e a riqueza dos propios xardíns.
Son moitos os veciños que acoden a diario a esta instalación e para facilitar o acceso, e paliar unha das necesidades detectadas polos servizos municipais, o goberno de Culleredo decidiu ampliar o espazo reservado ao estacionamento de vehículos.
O Xardín Botánico consta na actualidade dun aparcadoiro en liña fronte á entrada principal, que podía acoller a unha decena de coches. O Concello, a través da Concellaría de Obras e Servizos que dirixe Narciso Marzoa, deseñou unha ampliación desta zona que triplicará a súa capacidade.
A actuación, incluída no plan DTC-94, creará unhas 20 prazas novas. Para minimizar o impacto na zona, construiranse prolongando o estacionamento actual, en liña coa avenida de Juan Carlos I.
As obras comezaron esta semana e teñen un tempo previsto de execución dun mes. O Concello destinou un investimento de 40.000 euros a esta ampliación.
O goberno municipal entende que se mellorará substancialmente un servizo ao veciño e cóbrese unha necesidade, respondendo a unha petición veciñal. O equipo de goberno aposta por reforzar a programación de actos e actividades culturais, así como de educación ambiental, e por iso optou por dedicar esforzo investidor á mellora desta infraestrutura.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER