Coa intención de modernizar as infraestruturas básicas, o Concello de Culleredo executa os traballos de remodelación da rúa Estreita, en Vilaboa. Trátase dunha vía situada ao final do núcleo de Vilaboa, en dirección aeroporto, e que alberga nas súas marxes a numerosas vivendas de carácter unifamiliar.
Con obxecto de mellorar os servizos para os veciños, o goberno de Culleredo decidiu levar a cabo esta reforma. O proxecto conta cun orzamento de 69.000 euros, financiados pola Deputación da Coruña.
A obra consiste, en primeiro lugar, na renovación da pavimentación da rúa. O paso do tempo fora deteriorando o firme, que agora será cambiado na súa totalidade para ofrecer aos residentes un acceso seguro ás súas vivendas.
En segundo lugar, o proxecto dotará de rede de recollida de pluviais á rúa. Desta forma, nas épocas de choivas, evitarase a posible acumulación de auga, coas incomodidades que iso adoita xerar.
Os traballos atópanse en fase de execución. Isto implica cambios no acceso á rúa, que se debe efectuar desde a estrada provincial da Hermida, a que conecta Vilaboa con Tarrío.
O Concello sinalizou debidamente esta modificación para informar os usuarios da forma de entrar na rúa Estreita, que habilita a chegada a outras vías, como Canle Bieito.
Ademais, o Concello informa da conclusión das obras na rúa Vasco de Aponte, situada a pouca distancia, no inicio da costa da Hermida. O goberno local decidiu remodelar o firme da calzada, que tamén permite o acceso a numerosas vivendas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER