As festas patronais de Vilaboa, unhas das máis concorridas da comarca, desenvolvéronse en xeral con normalidade. A Policía Local de Culleredo e a Garda Civil estableceron un dispositivo con reforzo de patrullas en horario nocturno para atender as posibles incidencias. Agora o Concello montou un operativo especial de limpeza.
O Concello de Culleredo publica un bando de alcaldía de cara a regular a celebración do San Xoán 2016. Os responsables das lumaradas, sardiñadas, barbacoas ou similares deben notificalo con anterioridade a medioambiente@culleredo.org.
O Concello de Culleredo informa do traslado da oficina de atención ao cliente por parte da empresa que xestiona o servizo de abastecemento e saneamento. Segundo indica Gestagua, a atención efectuarase desde hoxe luns na rúa Irmáns Suárez Ferrín número 4, baixo dereita.
O Concello de Culleredo comeza hoxe luns o seu plan de acondicionamento da rede viaria mediante a roza das estradas municipais de todas as parroquias. Trátase dunha campaña anual que se emprende habitualmente nesta época do ano, cando a herba creceu.
O Concello de Culleredo executa unha campaña de revisión das conexións á rede de sumidoiros, coa finalidade de corrixir aquelas que verten pluviais no saneamento. Esta actuación xa se desenvolveu nunha primeira fase na zona urbana e nunha segunda nas infraestruturas xerais da rede. Agora iniciouse unha terceira fase nas parroquias do rural do municipio.
A prórroga no estudo de impacto ambiental do proxecto de rexeneración da ría do Burgo determinada polo Ministerio de Medio Ambiente levará un parón excesivo na tramitación, a xuízo do Concello de Culleredo, nunha actuación de máxima importancia.
O Concello de Culleredo ampliará as zonas do paseo marítimo do Burgo con iluminación de tipo LED. Actualmente este tipo de iluminación xa existe na contorna do xardín botánico e o goberno local levarao á primeira fase do paseo, é dicir, á zona dos Templarios, xunto á ponte romana.
O Concello de Culleredo prepara as súas infraestruturas para a futura apertura do novo centro de saúde. Agora executa a renovación da avenida do Portádego, vía que albergará a nova dependencia sanitaria e que conecta os núcleos do Portádego e Fonteculler, contando ademais cunha importante trama residencial.
O Concello de Culleredo recalca que non existe no municipio ningún punto de vertedura á ría do Burgo. Isto pódese comprobar nas análises periódicas que se realizan na ría.
A xunta de goberno local, celebrada onte, aprobou un total de 23 resolucións para instar os propietarios a que procedan á limpeza dos seus terreos, dando cumprimento á obrigación que teñen, coa finalidade de garantir a salubridade da súa parcela.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER