O Concello de Culleredo recalca que non existe no municipio ningún punto de vertedura á ría do Burgo. Isto pódese comprobar nas análises periódicas que se realizan na ría polos técnicos municipais, os da empresa concesionaria do saneamento e os da empresa contratada pola Xunta de Galicia.
O obxectivo deses controis é verificar que non existen verteduras contaminantes e detectar posibles anomalías para corrixilas de inmediato. É o caso da última análise, que data do 27 de marzo deste ano. Froito dese traballo acháronse niveis inadecuados xunto a unha saída de pluviais, preto de Fonteculler, algo que xamais se presentou neste lugar.
A partir dese momento, o Concello iniciou o traballo de investigación correspondente nese colector de pluviais, por onde só debe baixar auga limpa. Mediante unha cámara robot inspeccionouse ao detalle a rede desa zona até atopar a orixe en tres comunidades de veciños con síntomas de restos de augas residuais. Pode ser debido a algún inmoble en concreto que se conectou de modo irregular pola súa conta e risco.
Con esta información, o Concello iniciou a tramitación pertinente e enviou o requirimento aos propietarios para que procedan en primeiro lugar ao cesamento inmediato da vertedura de residuais e en segundo lugar concédeselles un prazo máximo de 15 días para adoptar as medidas correctoras oportunas.
Esta é a única anomalía detectada na última análise da Xunta. Segundo a información feita pública hoxe, menciónase outra anomalía na zona de Almeiras. Pero esta corresponde a unha análise moita anterior, neste caso por un baixo que tiña a conexión mal feita a pluviais, e os seus propietarios xa o emendaron hai meses.
O primeiro tenente de alcalde e responsable de Medio Ambiente, José Ramón Rioboo, explica que os técnicos municipais realizan un labor de control "seria e continua", que permitiu que no municipio xa desde hai anos non se rexistren verteduras salvo en contadas excepcións por un uso irregular das redes de pluviais. Aproveita para facer un chamamento aos propietarios de inmobles na zona para que se aseguren de que as conexións de auga atópanse de forma correcta e evitar prexuízos ambientais.
Rioboo sostén que o traballo pola ría, onde son catro os concellos afectados e onde a Xunta e o Estado teñen competencias, debe ser "coordinado, sensato e con tranquilidade", sen acusacións infundadas por parte de responsables autonómicos nin dalgún rexedor. "A ría é de todos e todos debemos sumar pola súa rexeneración, deixando aos técnicos que traballen como saben", apunta.
Neste sentido, Rioboo lembra o traballo inxente realizado a nivel municipal para o saneamento integral de todo a contorna e que agora, tal e como se acordou cos mariscadores, a urxencia está no proxecto de rexeneración por parte do Estado.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER