O mal estado das leiras particulares é un dos asuntos que máis preocupan aos veciños. A falta de coidado pode xerar maleza que invade a vía pública ou outros terreos, ademais doutras molestias. É por iso que se trata dunha das actuacións nas que o Concello de Culleredo pon máis énfase.
A xunta de goberno local, celebrada onte, aprobou un total de 23 resolucións para instar os propietarios a que procedan á limpeza dos seus terreos, dando cumprimento á obrigación que teñen, coa finalidade de garantir a salubridade da súa parcela.
Trátase de terreos situados en distintas parroquias do Concello, desde as urbanas ás máis rurais. A súa situación foi localizada por mor de avisos emitidos polos propietarios de parcelas lindeiras ou polo traballo dos servizos municipais.
Estes 23 expedientes entran así na segunda resolución que emite o Concello, tras facer caso omiso da primeira. Se con esta tampouco proceden a executar a limpeza, será o Concello de Culleredo o que a faga de forma subsidiaria, a cargo do propietario.
O Concello fai un chamamento aos particulares para que fagan caso á ordenanza e conserven de forma adecuada as súas propiedades, previndo de posibles molestias aos veciños dos arredores.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER