En execución a renovación do firme da avenida do Portádego

O Concello de Culleredo prepara as súas infraestruturas para a futura apertura do novo centro de saúde. O Concello executa a renovación da avenida do Portádego, vía que albergará a nova dependencia sanitaria e que conecta os núcleos do Portádego e Fonteculler, contando ademais cunha importante trama residencial.

A actuación consiste na disposición dun novo firme en toda a rúa, desde o seu inicio na confluencia con Electo Carballo ata o seu final na AC-211. O asfalto foise deteriorando co tempo e os veciños propuxeron o seu arranxo. Tendo en conta ademais a próxima apertura do centro de saúde, o goberno local decidiu incluír a obra no seu plan de investimentos.

O proxecto renova o asfalto nunha superficie de 4.605 metros cadrados. Os traballos inclúen así mesmo a posta en cota de 45 tapas, 25 de saneamento e 20 de sumidoiros, para garantir a correcta circulación do tráfico rodado.

O primeiro tenente de alcalde e responsable de Obras e Servizos, José Ramón Rioboo, visitou os traballos comprobando que a ausencia de choivas propiciou que a actuación finalice de forma rápida. Rioboo sostén que a mellora das infraestruturas básicas "será unha constante" en Culleredo para que os veciños conten con condicións de seguridade apropiadas na rede viaria.

Neste sentido, o primeiro tenente de alcalde destaca o papel dos veciños e as asociacións como "actores principais" para transmitir ideas e propostas á súa área e poder así adaptar as actuacións ás maiores prioridades.

Posteriormente, finalizado o asfaltado, o Concello renovará o pintado da vía, con novas marcas de sinalización viaria, para os pasos de peóns, cruces e aparcadoiros en batería.

O Concello destinou á obra 81.000 euros, cofinanciados pola Deputación da Coruña e o Concello.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina