A entrada de auga limpa na rede de saneamento supón un importante problema para a depuración. Ese volume innecesario pode causar sobrecargas no sistema, dificultando o tratamento das augas residuais na EDAR de Bens.
Por iso, o Concello de Culleredo executa unha campaña de revisión das conexións á rede de sumidoiros, coa finalidade de corrixir aquelas que verten pluviais no saneamento. Esta actuación xa se desenvolveu nunha primeira fase na zona urbana e nunha segunda nas infraestruturas xerais da rede. Agora iniciouse unha terceira fase nas parroquias do rural do municipio.
Os inspectores da empresa adxudicataria do servizo están a revisar os enganches das vivendas para localizar aquelas que derivan os pluviais ao saneamento por erro. Neses casos comunícaselles un aviso aos propietarios para que corrixan a súa conexión no prazo dun mes.
Por agora xa se revisaron os núcleos de Orro e Ledoño. Nos próximos días, as inspeccións sucederanse no resto do rural.
As augas de choiva que se recollen en tellados, patios interiores, xardíns, rexillas de acceso a sotos e garaxes, etc deben canalizarse á rede de pluviais, ou á cuneta en caso de non existir. Pero nunca se deben verter na rede de saneamento.
Esta entrada de pluviais en fecais, ademais de poder causar un mal funcionamento na depuración da EDAR de Bens, supón unha sobrecarga no sistema de bombeos municipal, o que leva un maior gasto de enerxía eléctrico e unha maior necesidade de mantemento.
O Concello pide aos veciños a máxima colaboración para corrixir situacións que causan un prexuízo á finalidade de depurar as augas residuais.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER