O Concello inicia hoxe o plan de roza e limpeza en 367 estradas municipais

O Concello de Culleredo comeza hoxe luns o seu plan de acondicionamento da rede viaria mediante a roza das estradas municipais de todas as parroquias. Trátase dunha campaña anual que se emprende habitualmente nesta época do ano, cando a herba creceu.

Os traballos levarán a cabo en 367 estradas e camiños do municipio. Comezarán polas zonas con maior necesidade para ir completándose nas próximas semanas.

Serán varias as máquinas que traballarán no territorio cullerdense. Nos casos que non chegue o brazo do tractor terá que levar a cabo de forma manual.

O goberno municipal explica que este plan é unha medida para a prevención de incendios forestais. Ademais, permite un incremento da seguridade viaria ao eliminar posibles obstáculos para peóns.

O Concello confía así mesmo en que as administracións estatal, autonómica e provincial, con responsabilidade en vías en Culleredo, fagan o propio nas estradas da súa competencia.

Inmediatamente despois á limpeza de vías, o Concello fará o propio coas parcelas de titularidade municipal. Ademais lémbrase aos propietarios de leira a súa obrigación de mantelas en estado adecuado de limpeza para evitar incendios forestais.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina