Mellorar as vías municipais e limpar as fincas próximas a vivendas que se atopan en mal estado e cuxos propietarios non atenderon os requirimentos realizados desde o Concello son as dúas actuacións que forman parte dos traballos que está a levar a cabo o goberno local dentro da campaña anual de rozas.
O goberno de Culleredo levará a cabo un proxecto de recuperación do paseo fluvial do río Mero ao seu paso pola parroquia de Almeiras. A senda atopábase intransitable, ao estar invadida pola maleza, polo que o Concello decidiu asumir o mantemento e acondicionala para o uso veciñal.
O Concello de Culleredo informa os residentes nas rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte do cambio na xestión dos residuos. Desde agora, os veciños deben depositar o lixo nos novos colectores instalados na avenida de Ribados. Os colectores soterrados da confluencia de Hersa e Sanjurjo de Carricarte quedaron precintados e fóra de uso.
O Concello de Culleredo inicia un plan de acondicionamento da rede viaria mediante a roza das estradas municipais de todas as parroquias. Os traballos comezaron pola parroquia de Rutis, no núcleo de Vilaboa, e nas próximas semanas estenderanse ás restantes parroquias. Os traballos abarcarán a 164 quilómetros de 282 estradas municipais.
O Concello de Culleredo levará a cabo unha ampla campaña de roza polas estradas municipais de todas as parroquias. Abarcará a 164 quilómetros de 282 estradas municipais situadas en todas as parroquias. O goberno local tramita a contratación destes traballos para que poidan comezar de inmediato, cun investimento municipal que roldará os 40.000 euros.
O goberno de Culleredo, na súa política de destinar os principais investimentos ás infraestruturas básicas e actuacións prioritarias para os veciños, remodelará o parque Sofía Casanova de Vilaboa. O espazo foise deteriorando conforme o paso do tempo, polo que os traballos consistirán na sía limpeza, arranxos na pasarela, renovación do céspede sistético, plantación de árbores e colocación de mobiliario urbano.
O goberno de Culleredo leva a cabo obras na ligazón entre as parroquias de Sésamo e Sueiro por Os Condes. O proxecto consiste tanto na dotación do servizo de saneamento como na renovación do firme da estrada, dúas necesidades que presentaba o núcleo e que por tanto o goberno de Culleredo apostou por aplacar.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER