Concello de Culleredo xa executa obras de mellora no sistema de tratamento das augas residuais do municipio para continuar co seu traballo de saneamento integral da ría do Burgo. A pesar de que a Xunta de Galicia segue sen impulsar a firma do convenio de colaboración cos Concellos para a realización de actuacións por ambas as partes, o Concello puxo en marcha un plan de melloras.
Os proxectos abarcan distintos aspectos da rede de saneamento, desde a mellora de colectores, a separación das augas pluviais da rede de sumidoiros ou a dotación de equipamentos nas estacións de bombeo situadas xunto á ría. O plan se programa en dous anos da seguinte forma:
Ano 2012
Ano 2013
Estas actuacións serán emprendidas pola empresa adxudicataria do servizo municipal de saneamento, de recente licitación e concesión. O Concello incluíu no prego de condicións do contrato a realización de diferentes melloras a cargo da empresa. Neste caso custarán 300.041,38 euros.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, resalta que con estas actuacións corrixiranse conexións da rede de pluviais ao saneamento que, aínda que loxicamente non causaban ningún problema ambiental, sobrecargaban o sistema de forma innecesaria ao introducir auga limpa no tratamento de fecais.
O primeiro edil destaca tamén a mellora que se acometerá nun dos colectores xerais da rede e a modernización que se prosegue nos bombeos. Coa colocación de alarmas de intrusión, por exemplo, poderase pescudar se se produciu algunha rotura que estivese a derivar a auga da choiva ao bombeo.
Con esta programación de intervencións, o Concello de Culleredo está cumprindo co seu deber de manter e mellorar a rede de saneamento que lle compete. Agora, o goberno local espera que a Xunta de Galicia "axilice" a firma do convenio, dado que este obriga tamén á administración autonómica a emprender as melloras que lle corresponden.
O equipo de goberno descoñece os motivos que ten a Xunta para demorar tanto a rúbrica do convenio. O Concello lembra que recibiu o texto o pasado 18 de novembro e desde entón non volveu a ter noticia algunha da administración galega sobre o mesmo.
Sacristán apunta que o Concello decidiu non esperar ante este atraso e optou por avanzar en cubrir as necesidades que o estudo autonómico recollía e outras que o propio Concello tiña localizadas no seu afán de contar cun sistema de saneamento "eficaz e eficiente" e que impida vertidos á ría ou á rede fluvial do municipio.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER