O goberno de Culleredo, na súa política de destinar os principais investimentos ás infraestruturas básicas e actuacións prioritarias para os veciños, remodelará o parque infantil de Vilaboa, sito xunto ao colexio Sofía Casanova. O espazo foise deteriorando conforme o paso do tempo, e dado que se trata dun lugar moi utilizado por familias e pequenos cullerdenses, renovarase de forma inmediata.
Os traballos consistirán, en primeiro lugar, na limpeza e saneado de todo o recinto. A obra permitirá o arranxo daqueles puntos danados, como as zonas soltas da pasarela ou as táboas de madeira, que serán substituídas e instaladas novas con lacado brillante.
O Concello renovará o céspede sintético do espazo para que poida usarse para o xogo de forma segura. Serán 406 metros cadrados de firme deste tipo os que se colocarán. Así mesmo instalaranse novas redes e aros.
O proxecto incluirá tamén a roza de 1.500 metros cadrados de céspede natural. Nel plantaranse árbores e arbustos e colocaranse diversos elementos de mobiliario urbano.
O goberno municipal destina 50.000 euros a esta actuación, cofinanciados pola Deputación da Coruña. A obra adxudicarase nas próximas datas, dado que xa finalizou o período de licitación. O prazo de execución, desde a firma do contrato coa empresa adxudicataria, será dun mes.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER