O Concello de Culleredo executa tarefas de saneamento e limpeza do río Trabe, no núcleo de Acea de Ama. Ante os avisos recibidos da presenza de roedores na contorna, o Concello deu orde inmediata á empresa encargada para que procedese á desratización.
O goberno de Culleredo iniciou de urxencia os traballos no día de onte, xoves 12 de setembro. Os paseos de Tierno Galván e de Fernando II son dúas zonas verdes moi usadas polos veciños polo que o Concello quere evitar a actuación dos roedores e garantir o seu estado en óptimas condicións.
O Concello ten a intención de complementar estes labores coa limpezae roza das marxes do río entre a autoestrada AP-9 e a AC-211, o que suma medio quilómetro de lonxitude. Os servizos municipais xa tramitan esta acción de roza, para a que se dispón da autorización de Augas de Galicia, administración competente do mantemento do río.
O estado do río Trabe xa levou aos veciños da contorna e ao Concello a emprender unha limpeza colectiva e voluntaria da súa canle. O Concello lembra a necesidade de depositar o lixo nos colectores para axudar na preservación da contorna natural do río.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER