O Concello amplía a rede de saneamento en Toroño

O goberno de Culleredo continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas para os veciños. Nesta ocasión, o Concello executa a ampliación do servizo de saneamento no núcleo de Toroño, na parroquia de Culleredo.

A obra consiste na instalación de 774 metros de colectores, de PVC, que se conectarán por dous puntos coa rede xeral. A instalación contará con 11 pozos de rexistro e suporá a reposición de 1.200 metros cadrados de camiño.

A Concellaría de Obras, que dirixe Narciso Marzoa, apunta que a mencionada conexión co colector xeral requirirá efectuar un cruzamento na estrada provincial, que conecta Vilaboa con Tarrío.

Con esta actuación, o goberno municipal proporciona saneamento a un grupo dunha vintena de vivendas de Toroño, recollendo así as súas peticións ante a necesidade de dispor deste servizo básico. A obra únese ás executadas nos últimos anos polo Concello, incrementando a trama de recollida de fecais do núcleo.

O Concello destinou 90.000 euros ás obras, xunto á ampliación do saneamento en Alvedro, incluída no mesmo paquete. Conta co financiamento da Deputación da Coruña.

En Alvedro, a intervención ten lugar na rúa Arcebispo Xelmírez, paralela á Nacional 550. A obra consiste na instalación dun colector de 72 metros, e 2 pozos de rexistro, que enlaza coa rede de saneamento da zona.

O goberno de Culleredo decidiu incluír estes traballos no plan ao considerar "prioritario" dedicar os principais esforzos económicos a mellorar as infraestruturas básicas para o cidadán. Así, a ampliación do saneamento ou a mellora das estradas constitúen uns dos principais obxectivos dos plans de obras municipais.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina