A corporación do Concello de Culleredo acordou de forma unánime esta Declaración institucional de condena do asasinato homófobo de Samuel Luiz
O alcalde de Culleredo e o presidente da Deputación da Coruña visitaron hoxe as instalacións do CETIM, no polígono de Alvedro, unha fundación en crecemento no sector da innovación e a investigación. Apostan polo proxecto de centro de economía circular na antiga Cros.
O Concello de Culleredo ten en marcha o contrato urxente de limpeza de edificios e adxudicou o de limpeza viaria ante a emerxencia sanitaria declarada polo alcalde a causa do ERTE da empresa encargada.
Con motivo da celebración das festas do San Xoán 2024, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá. O presente bando vén a determinar as disposicións mínimas a cumprir para o mellor desfrute das festas das lumaradas de San Xoán.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, declarou a emerxencia sanitaria, segundo as facultades que confire a lei, ante o ERTE da empresa concesionaria da limpeza de edificios e viaria sobre o 100% dos traballadores. A medida permite a contratación de urxencia da prestación. Ademais, o Concello encargou un servizo extraordinario para limpar esta fin de semana os centros escolares.
A realización das obras de rehabilitación da praza de Galicia, no Burgo, implicarán desde o luns, 26 de febreiro, unha afección ao tránsito peonil e rodado na confluencia da avenida de Galicia con Alexandre Bóveda.
O Concello de Culleredo celebra o venres 3 de decembro de 2023, ás 10.00 horas, a sesión extraordinaria do pleno da corporación.
O Concello de Culleredo convoca a sesión ordinaria do pleno da corporación para o xoves 29 de xullo ás 13.30 horas. A reunión poderase seguir pola canle municipal de YouTube.
Bando municipal do Concello de Culleredo que regula a realización de lumeiradas para o ano 2021.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER