Dende o Concello de Culleredo estamos a traballar na iniciativa “VIVE CULLEREDOVIVO” que dá continuidade á anterior EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) e aglutina outros proxectos de planificación territorial de gran relevancia para o noso municipio. Así, na actualidade o Concello está impulsando a súa Axenda Urbana, a través da proposta dunha Estratexia Territorial Integrada -coñecida no Estado como ETI- e a implementación dun Plan de Acción Integrado (PAI) que poderá permitir optar ao financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Isto fomentará o deseño compartido coa cidadanía dun modelo de desenvolvemento sostible dende unha tripla dimensión ambiental, económica e social, con actuacións concretas ate 2030.
Este Plan de Acción será a folla de ruta coa que Culleredo implemente a Axenda Urbana no seu municipio e recollerá pois, os proxectos estratéxicos identificados, priorizados e validados a través do proceso participativo que permitan acadar os obxectivos estratéxicos que o Concello tense marcado desde este momento ata 2030 e seguintes anos. Así, partindo da análise e diagnose da realidade actual do municipio no contexto actual, deséñase un marco estratéxico que integra as actuacións para realizar a curto, medio e longo prazo, e que se estrutura segundo retos e obxectivos, liñas de acción e actuacións sobre ámbitos territoriais estratéxicos, identificando proxectos faro, todo iso; aliñando cos obxectivos da Axenda urbana do Eixo atlántico, Axenda Urbana Española e ODS, así como cos principios do Pacto Verde, Carta de Leipzig e New European Bauhaus. E ti, como ves Culleredo?