Alcaldía

Instruccións para previr o contaxio por COVID-19 no servizo público de taxi de Culleredo

O Concello de Culleredo, no marco xeral das medidas adoptadas para previr a difusión do coronavirus, estima conveniente ditar, no ámbito das súas competencias en materia de transporte e mobilidade, unha serie de instrucións referidas en concreto ao sector do taxi, tendo en conta tanto aos usuarios do servizo como aos profesionais que o prestan, posto que se desenvolve en espazos reducidos, con intercambio de moedas e billetes e aténdese a numerosos clientes ao longo de cada día.

Declaración institucional do alcalde de Culleredo

Declaración institucional do alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo Castro, anteo estado de alerta e emerxencia sanitaria instaurados para frear o avance do coronavirus.

Iniciadas as obras para cubrir o parque das Brañas

O plan do Concello de Culleredo para crear parques cubertos chega á praza das Brañas, en Fonteculler. Trátase do punto neurálxico do núcleo, xunto ao centro social, e o goberno local aposta por cubrilo para incrementar o seu tempo de uso con independencia das inclemencias meteorolóxicas

Bando polas festas de San Xoán 2019

O Concello de Culleredo prepárase para a celebración de San Xoán, unha festa moi arraigada no municipio. Para regular o festexo, o Concello  acaba de publicar o bando onde se recollen as normas de convivencia básicas.

Case 400 veciños enchen o salón de plenos na reunión sobre o Aeroporto convocada polo Concello

O Concello de Culleredo e os veciños fan fronte común na defensa dos seus intereses ante a revisión do Plan Director do Aeroporto que impulsa o Estado. O alcalde, José Ramón Rioboo, logrou en Madrid a ampliación do plazo de presentación de alegacións.

O Concello encarga un estudo a enxeñeiros aeronáuticos sobre o Plan Director do Aeroporto

O Concello de Culleredo traballa nun estudo detallado da proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de Alvedro. O obxectivo é contar cun informe técnico rigoroso e pormenorizado que permita ao Concello formular as alegacións pertinentes para defender os intereses dos veciños.

O Concello inicia a construción da nova glorieta de Fonteculler

O Concello de Culleredo iniciou hoxe os traballos de construción dunha glorieta na avenida de Fonteculler, no cruce co acceso á urbanización A Ría e ao colexio Ponte Pasaxe, un dos puntos de maior circulación rodada do municipio.

Ampliación prazo de xustificación subvencións 2017

En relación coa convocatoria de subvencións a municipais, destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para o ano 2017, ponse en coñecemento dos interesados que o prazo de presentación da documentación xustificativa das subvencións concedidas amplíase ata o 16 de outubro de 2017.

O Concello pide medidas para minimizar o ruido da AP-9

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo o venres unha reunión de traballo con Autopistas do Atlántico para abordar as afeccións por ruído que presenta a AP-9 no municipio. Foi acompañado do equipo redactor do Plan Xeral, dado que o informe de Medio Ambiente pedía á súa vez que se revisasen algúns ámbitos afectados polo ruído da infraestrutura.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina